Ao abrir os resultados das descargas en Excel figuran caracteres estraños. Como podo arranxalo?
Se ten Excel instalado no seu ordenador, cando descargue os resultados dunha busca debe indicarlle ao navegador que os quere descargar e non abrir. A continuación, execute o programa Excel e seleccione "Datos / Dende texto". Elixa o arquivo descargado e no cadro ou cadros de diálogo que van aparecendo debe seleccionar a codificación de caracteres UTF-8 e que o carácter de separación de campos sexa a tabulación. Se segue estas indicacións, o Excel debería abrir correctamente os resultados, sen os caracteres estraños que aparecían con anterioridade.
A aplicación tarda demasiado en devolver resultados.
Usualmente a aplicación resolve as consultas rapidamente, e non adoita tardar máis que uns poucos segundos. Porén, a potencia do sistema de consultas dispoñible actualmente fai que algúns tipos de consultas poidan chegar a tardar demasiado. Nestes casos, recomendamos intentar delimitar máis a consulta para obter un número menor de resultados. Pode intentar acoutar a busca a un só xénero, idioma ou grao de especialización, refinar a secuencia de texto da busca se empregou comodíns nela etc.
Cando estou buscando nos corpus e pulso o botón "Atrás" do navegador para intentar volver a un resultado anterior, saio da páxina de buscas.
No formulario de buscas en corpus debe empregarse o botón "Volver" incluído no propio formulario para ir cara a atrás a un resultado anterior.